O BNG PRESENTARÁ MOCIÓNS EN TODOS OS CONCELLOS

Barbanza comprométese coa causa Palestina

undefined
Concentración en Ribeira
Todos as segundas feiras na Praza do Concello de Ribeira estamos a concentrarnos en apoio a Palestina, que sofre unha agresión contra a súa poboación civil. En apoio da causa da paz e contra o xenocidio o BNG está a acudir a esta chamada.
Barbanza comprométese coa causa Palestina

Nas últimas semanas estamos a vivir unha nova escalada nun vello conflito. Palestina sofre, desde hai 75 anos, unha brutal ocupación baixo un sistema de apartheid, en que Israel incumpriu reiteradamente as resolucións da ONU. Durante estas décadas, Israel, non só impediu a existencia dun Estado palestino, senón que ocupou os seus territorios (aproximadamente o 70% do territorio palestino desde o 1948) a medio de asentamentos de colonos (declarados ilegais polo Consello de Seguridade da ONU); someteu a súa poboación a todo tipo de vexacións e maltratos; asasinou líderes políticos palestinos; encarcerou a milleiros de persoas de xeito extraxudicial; levantou un muro da vergoña; lanzou ataques con milleiros de vítimas mortais e impuxo un brutal bloqueo a Gaza.

A comunidade internacional, sen excepcións, debe condenar enérxica e categoricamente o ataque masivo que o Estado de Israel ordenou contra Gaza e o xenocidio que se está perpetrando contra o pobo palestino. Os bombardeos masivos, os cortes de subministracións básicos como a luz, a auga potábel ou alimentos e medicamentos, son elementos dunha política de asedio xenocida que agravan a xa de por si durísima situación provocada polo bloqueo de Gaza desde o ano 2007. Máis de dous millóns de persoas que xa vivían confinadas en 365 km2 (unha extensión mesmo inferior á do concello de Vilalba) nunhas condicións económicas e sociais deplorábeis, agora fano nunhas condicións infrahumanas. Até este momento, segundo Nacións Unidas, van máis de 18.000 civís asasinados, dato en que se inclúe a arrepiante cifra de máis de 7.000 crianzas mortas.

O BNG do Barbanza está a participar activamente en concentracións por todo o país, tamén as segundas feiras en Ribeira ás oito, chamado por diferentes organizacións. Tamén presentando en todos os concellos unha moción na que esixe entre outros  a apertura de corredores humanitarios e o cese do fogo permanente en Gaza e Cisxordania, o envío urxente de material humanitario a Gaza e o recoñecemento de Palestina como Estado e de todos os seus dereitos.

Barbanza comprométese coa causa Palestina