CAMPAÑA EN PROL DO COMERCIO DE PROXIMIDADE DESENVOLVIDA EN RIANXO

Aposta polo noso. O BNG polo comercio local

IMG-20231221-WA0010(3)
Visita establecemento
Apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza para Galiza, humanizar as vilas e impedir a desertización dos nosos concellos. Está na nosa man modificar hábitos, potenciar a nosa economía e dar saída á produción galega, de extraordinaria calidade pois temos comercio e produtos de primeira.
Aposta polo noso. O BNG polo comercio local
Este é o obxectivo da campaña que se está a desenvolver por todo o país e que levou ao BNG de Rianxo, acompañados pola parlamentaria Rosana Pérez e polos concelleiros Xusto Ordóñez e Sarela Betanzos a visitar a varios establecementos rianxeiros ao longo desta semana.
A primeira das paradas levou a Exclusivas Tembra, no parque empresarial, iniciativa emprendedora que coa súa marca Quinteiro Doce colocou os seus produtos por todo o país nun formato que acabou con todas as existencias vendidas entre otros, grazas ás orixinais caixas ilustradas por deseñadores locais como Nove Noel e David Cuence. e con referencias como o mar de Rianxo ou as letras rianxeiras e galegas.
Logo visitaron establecementos adheridos á Asociación Rianxeira de Empresarios e Somos Rianxo tendo como exemplos a tenda Moreniña na rúa de Abaixo e o Bar Lareira no Pazo. Neles deixáronse tanto cartelería alusiva á campaña como unhas orixinais follas con autocolantes onde, no noso idioma, inclúen para colar nos agasallos textos e imaxes propia do Nadal: apalpador, bos desexos, parabéns, boas festas, etc,
Nos vindeiros días continuarase a visitar os comercios do concello no desexo de incentivar a compra de produtos locais e galegos, con promoción da etiquetaxe en lingua galega.
Aposta polo noso. O BNG polo comercio local