BNG e Galiza Nova denuncian a censura do Concello de Ribeira ao denegar un debate sobre o dereito a decidir

IMG-20170919-WA0007
BNG e Galiza Nova denuncian a censura do Concello de Ribeira ao denegar un debate sobre o dereito a decidir

O Concello de Ribeira vén de denegarlle a Galiza Nova o uso dun local municipal para a realización dunha palestra sobre o dereito a decidir das nacións sen Estado. Faino referenciando as resolucións do Tribunal Constitucional 4332, 4333, 4334 e 4335-2017 (publicadas no BOE do 8 de setembro de 2017) e á Sentencia do Tribunal Constitucional 259/2015. E tamén o fai indicando que “puidese interpretarse a cesión da sala por parte do Concello como favorecer un acto de apoio a un referéndum convocado por unha lei que foi suspendida polo Tribunal Constitucional”. 

Dende BNG e Galiza Nova denunciamos a prohibición que fai o Concello de Ribeira, gobernado polo Partido Popular, ao libre dereito de reunión e debate. Segundo declarou a resp. de Galiza Nova Elvira Blanco "estamos ante un feito que non ten outra finalidade que impedir a liberdade de expresión tal cal se facía na época da represión franquista" .

O responsábel do BNG na Barbanza Luís Pérez declarou que "a denegación do espazo á nosa organización xuvenil é unha vulneración das liberdades e dereitos e un golpe na mesa ao" suposto"  estado de dereito, ilóxico en calquera democracia"

O Partido Popular de Ribeira súmase á onda de censura e prohibicións de calquera acto que se desvíe do pensamento único que pretende impor o goberno central. Evira Blanco e Luís Pérez concluiron que "ningún tribunal pode prohibir a liberdade de pensamento, e tanto Galiza Nova como BNG, non aceptamos este atropelo democrático e seguiremos o léxico dereito a decidir dos pobos"

BNG e Galiza Nova denuncian a censura do Concello de Ribeira ao denegar un debate sobre o dereito a decidir