CADA VEZ MEDRA MÁIS A OPOSICIÓN A ALTRI NO BARBANZA

Iniciativas nos concellos da Barbanza e Parlamento Galego contra o proxecto de celulosa na Ulloa

O BNG do Barbanza deu una rolda de prensa en Cabo de Cruz na que deu conta do rexeitamento da formación á implantación da macrocelulosa Altri en Palas de Rei, aproveitando a auga do Ulla que baixaría até a ría de Arousa afectando a todo o consumo, industrial e humano que se nutre do río.

No Parlamento rexistrou Rosana Pérez unha proposición non de Lei facendo fincapé no desporporcionado consumo de auga que pode influír no abastecemento humano e industrial, mesmo dificultando a implantación industrial futura.

Aprobadas mocións nos Concellos de Rianxo, Boiro e previsibelmente A Pobra amosando o rexeitamento cidadá a esta macrocelulosa.

IMG-20240412-WA0010
No peirao de Cabo
Iniciativas nos concellos da Barbanza e Parlamento Galego contra o proxecto de celulosa na Ulloa

O BNG do Barbanza deu una rolda de prensa en Cabo de Cruz na que deu conta do rexeitamento da formación á implantación da macrocelulosa Altri en Palas de Rei, aproveitando a auga do Ulla que baixaría até a ría de Arousa afectando a todo o consumo, industrial e humano que se nutre do río.

Na rolda participaron a parlamentaria galega Rosana Pérez, responsábel dos asuntos de pesca, representantes de cada concello e o responsábel comarcal. Deron conta das iniciativas que se están desenvolvendo nos diferentes concellos e na propia sede parlamentar.

 Rosana Pérez deu conta dunha proposición non de lei presentada que  centrou no subministro de auga a afectación aos Concellos de Arousa Norte. Xa estes anos os limites do subministro veñen provocando restricións aos veciños e veciñas e acoutando as posibilidades de desenvolvemento de chan industrial que varios municipios teñen xa iniciado.

O Ulla ten xa eivas no seu caudal e o último episodio de seca, despois dun outono-inverno de baixas precipitacións, padecido no verán de 2022 e os concellos abastecidos polo Ulla tamén estiveron sometidos a restricións de abastecemento.

Polo tanto como entender se permita implantar una celulosa que ela soa vai consumir tanta auga como a capacidade total e futura da potabilizadora de Padrón ampliándose para abastecer de Padrón a Ribeira e de Cesures a Vilagarcía?

Na proposición o BNG insta á Xunta a Informar negativamente o proxecto que ALTRI prevé instalar en Palas de Rei, polos efectos negativos que terá na bacía hidrográfica e na calidade das augas do río Ulla e dos concellos que abastece directamente.

E tamén impulsar o desenvolvemento dun plan, en colaboración coas distintas administracións e co tecido socioeconómico, para a mellora integral da calidade da auga e da biodiversidade da bacía do río Ulla.

No que atinxe aos Concellos os representantes municipais do BNG sinalaron a aprobación de mocións contra a Altri, sendo Rianxo o primeiro na ría e sumándose Boiro e  A Pobra esta mesma semana.

Tamén se impulsaron accións de recollida de centos de alegacións contrarias ao permiso ambiental da Celulosa presentadas nos rexistros dos concellos e a celebración de actos informativos xunto a outras actuacións reivindicativas en toda a bisbarra que se irán intensificando nas vindeiras datas.

Co pano de fondo da gamela Esperanza agardamos este proxecto se paralice en prol do noso ecosistema e a vida económica e ambiental da ría.

Iniciativas nos concellos da Barbanza e Parlamento Galego contra o proxecto de celulosa na Ulloa