O BNG da Barbanza reivindica o 25N baixo o lema A violencia machista segue aí tamén en tempos de COVID

25 de novembro, Día Internacional para a erradicación da violencia contra a muller
25 de novembro, Día Internacional para a erradicación da violencia contra a muller

Dobre mensaxe: contra a invisibilización e de empoderamento, para que a pandemia non sexa coartada para baixar a garda e porque a loita continúa.

Branco: “o machismo ten demostrado que tamén poder ser un virus mortal para ás mulleres aquí e no resto do mundo”. Entre as medidas: dar cobertura ás vítimas ante un segundo confinamento e destinar o 1% do orzamento de 2021 a loitar contra a violencia de xénero

O BNG da Barbanza reivindica o 25N baixo o lema A violencia machista segue aí tamén en tempos de COVID

Denunciar a violencia contras as mulleres é importante sempre, - o 25N e os 365 días do ano-, porque está en xogo o benestar, o desenvolvemento persoal e as aspiracións da metade da poboación e porque está en xogo o dereito das mulleres a vivir a súa vida plenamente, en liberdade e como cada unha decida. 
“Temos dereito a ser libres e iguais, a estar no mundo como queiramos sen ter que pagar pola nosa liberdade, mesmo coa vida”, destacou a resonsábel do BNG na comarca da Barbanza, Elvira Branco, con motivo do 25N, un día que a formación nacionalista reivindica baixo o lema A violencia machista segue aí, coa pretensión de transmitir á sociedade a dobre mensaxe de que non se pode tolerar que a pandemia faga invisible este problema e que a loita continúa.
Nun día mundial contra as violencias machistas enmarcado nunha crise mundial sen precedentes, dende o BNG esixen que a violencia de xénero non pase a un segundo plano, “pois aprazar a loita contra o machismo significa dor, angustia, medo e mesmo vidas truncadas. A violencia segue aí e non podemos baixar a garda para combatela”, explicou Branco. 

A campaña do BNG, indican, “é unha mensaxe de empoderamento para as mulleres, de que a loita continúa e de que o actual distanciamento social non implica a desaparición da forza colectiva que encheu as rúas os pasados 8M e 25N”, unhas declaracións que poñen en valor a “forza” do feminismo galego, exemplo de mobilización e loita na defensa dun mundo xusto e igual.

A pandemia puxo en primeiro plano unha realidade ben coñecida: que as mulleres realizan a maior parte dos traballos precarizados, invisibles ou pouco valorados, pero imprescindibles para o conxunto da sociedade; traballos básicos como o de coidadoras, caixeiras de supermercados, limpadoras, enfermeiras, etc.

“O machismo ten demostrado que tamén pode ser un virus letal para miles de mulleres, aquí e no resto do mundo”, salientou a responsábel Bloque, por iso non se pode permitir que 
“a urxencia da COVID oculte a violencia de xénero, oculte o terrorismo machista que atenta directamente contra a liberdade e contra a vida da metade da poboación”. 


Propostas en positivo

No plano propositivo, o Bloque formula unha serie de medidas que levarán ao Parlamento Galego, empezando por unha campaña institucional de sensibilización e un plan específico para a mocidade nos centros escolares para tratar de forma específica o acoso.

No plano dos recursos, demanda que a Xunta incorpore nos orzamentos 2021 unha transferencia extraordinaria de 1,5 M€ aos concellos que contan cun CIM e, unha vez máis, reclama destinar a loita contra a violencia machista o 1% do orzamento galego. Igualmente, facilitar atención psicolóxica ás vítimas como servizo de atención primaria e garantir o funcionamento dos servizos de atención a mulleres en situación de violencia machista, incluídos os CIM, como servizos esenciais en caso dun novo confinamento.

O BNG da Barbanza reivindica o 25N baixo o lema A violencia machista segue aí tamén en tempos de COVID