O BNG reuníuse coa CIG-Saúde, organización sindical que fixo entrega no Parlamento de Galiza de máis de 5.000 sinaturas. Pola recuperaciòn dos dereitos roubados.
Para a deputada nacionalista Montse Prado, "o sangrado do sistema sanitario público de Galiza é unha constante, é a folla de ruta do PP desde o Goberno galego". Ademais engadiu que "dentro deste sangrado os profesionais son dos principais damnificados por unha política de persoal que maltrata ao persoal fixo e que maltrata ao persoal contratado".
Desde o BNG e a CIG-Saúde crese precisa a reposición de todos os dereitos laborais, económicos e sociais que durante estes anos lle foron eliminados aos traballadores e traballadoras do sistema sanitario público de Galiza.
No ano 2010 o Goberno galego suspendeu os acordos retributivos asinados na mesa sectorial do SERGAS, acordos retributivos 2008/12, que recollía incrementos salariais no complemento específico, polo que se retribúen as condicións específicas do posto de traballo atendendo á súa dificultade, responsabilidade, coñecemento, penosidade... percibe por este concepto unha cantidade inferior ao resto de persoal da Administración Autonómica. Atención continuada, retribúe a penosidade da prestación de servizo: nocturnidade, domingos , días feriados e gardas, a retribución do persoal do SERGAS por estes conceptos está a cola do resto de servizos de saúde. Acordo de Carreira profesional, suspendida desde o ano 2010. Acordo de equiparación salarial persoal de PACs, atención continuada.
A aparente recuperación de dereitos que se produce na actualidade, que afectan ao conxunto das empregadas/os públicos, non queda saldada a débeda que a Xunta do PP ten c@s traballadores/as da sanidade.
Coa escusa da crise a Consellaría de Sanidade, dun xeito unilateral, deixou en suspenso a aplicación dos acordos asinados aos que se chegara en canto a melloras retributivas e nas condicións de traballo, pois estas melloras tamén
Por as razóns expostas o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, vai presentar unha proposición non de lei onde recolla un acordo para que o Gobernoi inicie de xeito inmediato na Mesa Sectorial do SERGAS a negociación da recuperación dos acordos de mellora de condicións de traballo e salariais, conxelados desde o ano 2010.
Por último, o BNG mostra o seu apoio ás reivindicacións dos empregados/as públicos/as e á CIG que hoxe entregaron no Parlamento Galego máis de 7.000 sinaturas para exixir que a Xunta sente a negociar para mellorar as condicións laborais deste persoal.