A responsábel comarcal do BNG da Barbanza, Cris Andrade, informou de que o BNG está presentando en todos os concellos do país unha moción na que se insta ao Goberno central e ao Ministerio de Fomento a retirar a desconformidade coa tramitación da “Proposición de Lei Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galiza”, aprobada por unanimidade do Parlamento de Galiza e se inclúen outros acordos relacionados coa tramitación de dita proposición.
Cristina Andrade engadiu que esta iniciativa se enmarca nunha campaña que está a desenvolver o BNG na que propón un pacto coas forzas políticas para lograr a transferencia da titularidade a Galiza e a gratuidade das peaxes e mobilizar á cidadanía para acabar coa “estafa legalizada” que obriga a 20.000 galegos e galegas a pagar 300.000 € diarios a Audasa.
A responsábel comarcal declarou que esta estafa da peaxe afecta, tanto na comarca do Barbanza como na de Compostela, a decenas de miles de particulares e empresas que se ven fondamente prexudicados polo sinsentido de que viaxar desde Pagamos máis en peaxes no traxecto Ferrol-Vigo, con 17,65 euros de peaxes, que no traxecto de Ferrol a Madrid, onde as peaxes a pagar son de 16,2 euros. Páganse menos peaxes por viaxar desde A Coruña a Madrid que desde A Coruña a Vigo.
Con respecto á mobilización, o BNG convoca un primeiro acto de protesta para o 26 de novembro ás 11.00H co pago simbólico en céntimos en todas as peaxes da AP9, ao que convidou á participación masiva da cidadanía.