O BNG reclama solucións á verteduras que prexudican ao marisqueo
Nos días de chuvia, habituais no noso país, as aguas que se recollen da zona de Insuela van desembocar a través dunha tubaxe á praia do mesmo nome entre o peirao e a piscifactoría de rodaballos. Nesta praia a Confraría de Palmeira conta con unha zona de explotación marisqueira importante para a economía da mesma.
A cantidade de agua que sae polo mencionado desaugadoiro está a producir corrementos contínuos de area que tapan a zona do banco marisqueiro chegando ata alturas de mais de medio metro, facendo que a extracción de moluscos se transforme nunha tarefa cada día mais ardua e dificultosa.
A acumulación neste punto de verteduras continuadas fai que haxa unha elevada mortaldade do marisco motivada polo exceso de agua doce, dado que é aí onde mais se concentra. Salientar asemade que incluso en días nos que non chove se observa algunhas veces que a agua segue a saír.
Esta situación non é exclusiva da zona da Insuela senón que se repite noutros puntos do municipio provocandoun prexuízo máis a sumar aos xa abundantes problemas existentes que veñen sufrindo as xentes que viven deste sector.
Por todo isto, a concelleira do BNG, Pilar Sampedro Laranga esixe medidas por parte concello para levar a cabo as obras necesarias que solucionen o problema.
Vídeo: O BNG reclama solucións á verteduras que prexudican ao marisqueo