O BNG esixe que se retiren os postes das beirarrúas de Aguiño
Na céntrica rúa Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño, concretamente á marxe dereita desde a Abanca até a Rúa Castelao, estanse levando a cabo unhas obras de mellora nas beirarrúas, renovando tubaxes, pavimentos e canalizacións de diversos servizos. Como pode verse na galería de imaxes, hai uns elementos que permanecen inmutábeis e inalterábeis: os postes de diversas compañías, formas e materias que obstaculizan o paso e que, despois desta renovación, seguirán a facelo, deixando en só palabras e en papel mollado a tan nomeada accesibilidade. Rebáixanse as beirarrúas, fanse ramplas, e logo déixanse no medio delas todo tipo de postes que impiden o correcto tránsito para as persoas.
Por iso, o grupo municipal do BNG de Ribeira pregunta se o goberno tivo en conta estes obstáculos no novo deseño da rúa e se, consecuentemente, se incluíu a súa retirada? Desde o Bloque fixémoslle chegar ao goberno local a nosa demanda para que se retiren e deixar s beirarrúas libres de obstáculos.
Imaxes da zona: