O BNG da Barbanza celebrará tres actos para conmemorar o Día da Galiza Mártir, o día no que lembramos a todos os galegos e galegas que foron represaliadas polo fascismo.
O Bloque celebrará actos por todas as bisbarras de Galiza e na Barbanza haberá un acto central este xoves día 10 de agosto. O acto consistirá nunha ofrenda floral en memoria de Alexandre Bóveda e a continuación a presentación do libro Non des a esquecemento a cargo do deputado nacionalista, Luís Bará.
Ademais do acto na Pobra do Caramiñal, en Ribeira, o día 16 ás 20h haberá un roteiro polas rúas que levan os nomes de dous represaliados polo franquismo, Alexandre Bóveda e Manuel Lustres Rivas. Comezará o acto ás 20h desde a rúa A. Bóveda.
Finalmente e no propio día, o 17 de agosto en Boiro celebrarase ás 20h unha homenaxe a un fusilado da vila na rotonda de Cimadevila, no que se inscribirá o seu nome e se lle renderá merecida memoria.