O BNG da Barbanza renova o Consello Comarcal para consolidar un proxecto nacional ó servizo da xente

O BNG da Barbanza renova o Consello Comarcal para consolidar un proxecto nacional ó servizo da xente

Dentro do proceso de renovación orgánica iniciado o pasado 28 de febreiro na XV Asemblea Nacional, a Asemblea Comarcal do BNG do Barbanza reuniuse este mércores, 9 de marzo, para elixir o novo Consello Comarcal.

Consello Comarcal da Barbanza

A única candidatura presentada está encabezada por Ma Cristina Andrade González, concelleira na Pobra do Caramiñal, seguida do tamén concelleiro, neste caso de Ribeira, Luís Pérez Barral, e foi aprobada por unha ampla maioría xa que só se contabilizaron dúas abstencións e ningún voto en contra. Segundo a cabeza de lista, “trátase dunha candidatura integradora, onde se atopan persoas que xa participaron no anterior Consello Comarcal e novas incorporacións que garanten unha renovación efectiva. Unha candidatura disposta a traballar conxuntamente, en harmonía, por un proxecto común: consolidar e estender o proxecto nacionalista, poñendo de manifesto que o nacionalismo é a única alternativa en defensa dos intereses dos galegos e galegas”.

Cristina Andrade manifestou que para contribuír á renovación do proxecto do BNG e consolidar a confianza da sociedade en dito proxecto, este Consello Comarcal avoga pola participación activa de toda a militancia e persoas achegadas ao nacionalismo, mellorando as canles de comunicación, interna e externa, que permitan un intercambio fluído de información, opinións e propostas e unha maior visibilización do traballo social e institucional que se desenvolve.

Así mesmo, Cristina Andrade afirmou que nesta nova etapa, o BNG da comarca continuará traballando na defensa dos intereses e dos dereitos das maiorías sociais, colaborando cos distintos colectivos, e tamén na defensa dos nosos recursos e das nosas xentes, especialmente da mocidade, amplamente representada neste novo Consello Comarcal. A normalización da lingua galega e a promoción da nosa cultura e o patrimonio, material e inmaterial, serán outro eixo fundamental. E, desde logo, a consecución da igualdade efectiva entre homes e mulleres, a loita contra a violencia machista así como a normalización social da diversidade sexual van estar presentes nas iniciativas comarcais.

Para finalizar, a nova responsábel comarcal, transmitiu o agradecemento persoal e do conxunto da militancia ao responsábel saínte, Severino Romero, polo traballo realizado.

Candidatura:

1. Mª Cristina Andrade González, 2. Luís Pérez Barral, 3. Raquel Suárez Regades, 4. Adolfo Muíños Sanchez, 5. Ramiro Ouviña Ouviña, 6. Elvira Blanco Perez, 7. Carlos Blanco Ansoar, 8. Tobías Betanzos Rego, 9. Ana Rosa López Davila , 10. Xosé Antonio Vázquez Cobas, 11. Pablo Ferreirós Vidal, 12. Adelina Ces Quintans, 13. Xose Manuel Casal Sabín, 14. Hadriana Ordóñez Otero, 15. Santos Saborido Chouza, 16. Raquel García Abuín, 17. Daniel Ermo Sanches, 18. Francisco Xabier Santamaría Blanco

Suplentes

1. Amparo Cerecedo Sánchez, 2. Agustín Pérez, 3. Vicente Paz Carou, 4. Silvia Varela Rodriguez, 5. Vicente Hermo Santamaría , 6. Antonio Olveira Silva , 7. Pilar Sampedro Laranga , 8. Áurea Santiago Andrade , 9. Xosé Antón Parada Fernández , 10. Rosana Pérez Fernández

O BNG da Barbanza renova o Consello Comarcal para consolidar un proxecto nacional ó servizo da xente