O BNG da Barbanza presentou publicamente as emendas que se realizan aos Orzamentos da Xunta para 2018. Para o BNG os Orzamentos son continuístas, porque non reverten os recortes aplicados desde 2009, mermando a calidade os servizos públicos e por outra banda, son uns Orzamentos decepcionantes que non recollen as demandas das veciñas e veciños da Barbanza.
O responsábel comarcal Luís Pérez Barral acompañado de varios membros do Consello Comarcal, detallou que o Bloque realizou un conxunto de emendas que teñen que ver coas necesidades das veciñas e veciños de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. “Son propostas en positivo que a sociedade demanda e que o BNG recolle para tentar mellorar os Orzamentos” afirmou Pérez Barral.
As emendas do BNG teñen que ver con 4 áreas fundamentais; sanidade, servizos sociais e dependencia, creación de emprego e infraestruturas. Un total de 9 actuacións que terían un impacto de 4 millóns de euros.
Para o responsábel da formación nacionalista Pérez Barral, “estas emendas parten das necesidades que teñen os concellos da Barbanza, queremos darlle solución ás demandas que fai a nosa poboación, agardamos que o PP as teña en conta.
Pérez Barral finalizou de xeito tallante: “se son rexeitadas animamos a que os deputados e deputadas do PP veñan á Barbanza para explicarlle á xente por que lles negan melloras no servizos esenciais públicos”.
Violencia machista
Do mesmo xeito o BNG aproveitou para amosar o seu rexeitamento contra a violencia machista e convidou a reflexionar colectivamente para que entre todas as persoas consigamos vencer este problema terríbel.
A tenente alcalde de Rianxo Adelina Ces informou que o BNG demandou maior compromiso da Xunta de Galiza con este tema: “desde o Bloque pedimos que se destine o 1% do Orzamento a rematar dunha vez cos feminicidios, o acoso e a violencia psicolóxica, 90 millóns de euros para que non teñamos que lamentar ningún asasinato máis”.
Emendas
Sanidade
Servizos sociais e dependencia
-
Centro de día para Rianxo: dotar dun centro de día a Rianxo, demanda que mantén aos veciños e veciñas en reivindicación constante. Valor 850.000€
-
Residencia de 3ª idade para Boiro: necesidade perentoria que melloraría a atención ás persoas maiores en toda a bisbarra. Valor 1.500.000€
-
Creación dunha escola infantil na Pobra do Caramiñal: único concello da Barbanza que non ten este servizo. Valor 500.000€
-
Remate do centro social de Cabo de Cruz: dotar de equipamento suficiente e rematar o edificio para que poida empregarse e realizar actividade. Valor 1.000.000€
Creación de emprego
Infraestruturas
-
Circunvalación para Ribeira: realización dun proxecto para dotar desta infraestrutura moi demandada e necesaria para mellorar a circulación na vila. Valor 100.000€
-
Beirarrúas na Ribeiriña: construción de beirarrúas nun treito da AC-305 na Pobra do Caramiñal. Valor 100.000€