Galiza Nova reforzará o traballo en contacto coa mocidade barbanzá

DSC04813
Asemblea de Galiza Nova na Barbanza escolle a Elvira Blanco e a Luís Pérez como responsábel comarcal e responsábel de organización respectivamente.
Galiza Nova reforzará o traballo en contacto coa mocidade barbanzá

As mocidades do BNG, Galiza Nova, realizamos na tarde do sábado unha asemblea na que os mozas e mozos debatemos sobre a situación da mocidade na comarca e na Galiza. A dita xuntanza acudiron dous membros da Comisión Permanente de Galiza Nova, Adrián Bravo e Claudia Quintela que valoraron moi positivamente a gran cantidade de altas e o intenso traballo realizado nestes 2 últimos anos por parte da formación xuvenil nacionalista.

A asemblea decidiu, trala celebración da nosa XIV Asemblea Nacional, reelixir a Elvira Blanco Pérez como responsábel de Galiza Nova na Barbanza e a Luís Pérez Barral como responsábel da organizacón xuvenil.

Elvira vén de ser elixida pola XIV Asemblea Nacional membro da Dirección Nacional e da Permanente de Galiza Nova, mentres que Luís é concelleiro do BNG en Ribeira. Ambos compatibilizarán as súas actividades co traballo comarcal na organización xuvenil.

novos/as membros para mellorar e ampliar o traballo”

Tanto Elvira como Luís agradeceron responsabilidade que lles volveron confiar as compañeiras e compañeiros con gratitude e moitos ánimos para coordinar o traballo xuvenil na comarca, co convencemento de que hai moito futuro para o nacionalismo.

Unha das novidades, co fin de mellorar o traballo de Galiza Nova e chegar a máis mocidade, é a de establecer 2 responsábeis na Pobra e Boiro para establecer un contacto máis directo coa xuventude de ditas localidades. Os responsábeis serán Oscar Sobrido na Pobra e Manu Núñez en Boiro.

Coa realización desta asemblea demostrouse que na Barbanza existe un gran número de rapaces e rapazas concienciados/as coas lesivas políticas do Partido Popular que están dispostos/as a mudalas. A xente nova sabe que vivimos nun momento decisivo para organizarse e atallar os problemas que afectan á mocidade da comarca e do país, como son as reformas educativas, as altas taxas de desemprego ou a emigración xuvenil.

Consolídase así, un equipo de mozas e mozos nacionalistas con moitas ganas de traballar, mobilizar á xente nova e potenciar a visibilidade de Galiza Nova e do BNG na comarca do Barbanza.

Galiza Nova reforzará o traballo en contacto coa mocidade barbanzá