Galiza Nova celebra un magosto na Barbanza

WhatsApp Image 2016-11-15 at 14.40.49
Elvira Blanco, responsábel de Galiza Nova na Barbanza presentou o cartaz do acto
Galiza Nova celebra un magosto na Barbanza

Este sábado 19, a partir das 19:30h na praza do Concello de Ribeira,  Galiza Nova organiza un magosto nacional popular para a mocidade, con castañas de balde e bebidas a prezos populares. Tamén teremos un posto con material á venda da organización así como outro material informativo que poderás levar sen compromiso.

Contaremos cun concerto de Espazo en Branco e despois cunha pinchada de música galega.

Achégate este sábado á Praza do Concello de Ribeira a partir das 19:30h. Baila, canta e loita para mudalo todo con Galiza Nova na Barbanza!

Galiza Nova celebra un magosto na Barbanza