Galiza Nova chama ao estudantado da Barbanza a participar da Folga estudantil do 13 de abril
Galiza Nova, mocidade do BNG, desenvolveu durante as pasadas semanas na Barbanza unha intensa campaña para espallar a Folga do vindeiro 13 de abril convocada por Erguer, organización unitaria do estudantado galego.
O Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, que explicitou o apoio da mocidade do BNG á folga estudantil, afirmou que esta non é só unha mobilización contra os recortes do PP no ensino galego senón que tamén nos mobilizamos para derrubar definitivamente e toda a súa totalidade a LOMCE e impedir a aplicación do decreto 3+2, que calificou de "ataque brutal contra o ensino público co que pretenden que a maioría do estudantado quede fora do ensino e pecharlle as portas da universidade". Para Mera, mentres no se derrogue totalmente a LOMCE e o 3+2 estaremos volvendo ao modelo educativo franquista, un retroceso de 50 anos co obxectivo de volver a un ensino máis españolizado e só para ricos.
Segundo informa Elvira Blanco responsábel comarcal, na Barbanza realizáronse repartos do material e xuntanzas informativas cos estudantes dos centros de Ribeira, Pobra e Boiro. Elvira Blanco indicou que a campaña tivo unha extraordinaria acollida entre o estudantado e recabou o apoio de outros sectores da comunidade educativa, como o profesorado ou as nais e pais, afectados tamén por estas políticas de recortes e por asistir aos centros para explicar os motivos da folga. Así mesmo, Blanco Pérez informou da dunha manifestación convocada por Erguer para a propia xornada de folga en Ribeira a partir das 12h desde a estación de autobuses até a praza do Concello.
Galiza Nova fai un chamamento á mocidade da Barbanza a apoiar a Folga Estudantil do 13 de arbil convocada polo estudantado galego e a acudir á concentración/manifestación porque, en palabras do Secretario Xeral da organización, ou loitamos agora polo ensino público galego ou perderémolo para sempre, e só as elites poderán estudar."
Máis información na nosa web: www.galizanova.gal
Rolda de prensa: Galiza Nova apoia a folga estudantil do 13 de abril