A nosa Nación, as nosas seleccións! Torneo de futbolín na Pobra
![Torneo Futbolín](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/bngabarbanza/images/2016/12/20/2016122013120281422.jpg)
20 dec. 2016 - 14:12
Este venres 23 de decembro convidámoste a participar no Torneo de Futbolín que organiza Galiza Nova no Bar Gely’s (A Pobra do Caramiñal) ás 20:00h.
Dende Galiza Nova continuamos a demandar o dereito da nosa Nación a contar con seleccións deportivas propias, tanto femininas como masculinas, que representen o País en todas as disciplinas, a nivel oficial e internacional.
Queremos seleccións galegas oficiais e internacionais! Ven este venres á Pobra a meter goles polas seleccións galegas!