Celebra o Día da Patria baixo o lema “Sumar por Galiza”

DSC08976
Intervención da deputada Olalla Rodil
Celebra o Día da Patria baixo o lema “Sumar por Galiza”

O BNG da Barbanza fixo un acto de celebración polo Día da Patria que se realizará o 25 de xullo baixo o lema Sumar por Galiza, que conmemora tamén o 50 aniversario desde que en 1968, -tras décadas de parón pola ditadura franquista-, o nacionalismo galego recuperase a manifestación nas rúas de Compostela para celebrar o 25 de Xullo. O BNG organizou na Pobra unha mexiollada, con intervención política da deputada Olalla Rodil e finalizou cun concerto da Banda da Trastenda.

Naquela data, a policía fascista arremeteu contra as persoas manifestantes que, ano tras ano, seguiron tentando chegar até a emblemática Praza da Quintana, pero que non lograron conquistar ata 1983, tras unha sentada de oito horas na cidade vella de Santiago.

Medio século no que a defensa de Galiza como nación “é hoxe tan revolucionaria como fai cinco décadas”, salientou a deputada Olalla Rodil, “e tamén hoxe o nacionalismo significa a esperanza dun cambio real para deixar atrás precariedade, emigración e a discriminación a este país”. A parlamentar do Bloque amosou o seu orgullo de pertencer a “unha organización con historia” que, ademais, “segue a ser a mellor ferramenta política para defender Galiza e avanzar colectivamente”.

DSC08946O responsábel comarcal, Luís Pérez Barral salientou que a campaña do Día da Patria está centrada na idea de Sumar por Galiza a todas as persoas que, mesmo desde diferentes visións, comparten a idea de que este pobo debe gobernarse a si mesmo, desenvolvendo as propias potencialidades.

“50 anos sumando por Galiza desde a diferencia, con diferentes visións do país, pero cun punto en común: O convencemento de que temos dereito e somos capaces de gobernarnos a nós mesmas, a nós mesmos e non precisamos que nos marquen o camiño desde fora”. Esa é idea que expresamos neste 25 de xullo, que o diferente suma, que temos unha visión aberta e queremos aportar desde aquí ao resto do mundo”, salientou Pérez Barral

Desbordar Santiago

O BNG fixo un chamamento “a desbordar” as rúas de Compostela o 25 de xullo “para sumar a todas as persoas que levan Galiza na cabeza e no corazón” cun BNG “coa man tendida e as portas abertas” e tamén animou a pendurar a bandeira galega con orgullo.

O BNG aposta por facilitar o festexo do día nacional, cun bus cun custo de 2€ (ida e volta). Para poder ir no bus haberá que anotarse chamando ao 661 332 668.

O seu percorrido será:

Ribeira                             10h na estación de bus

A Pobra do Caramiñal     10:15h, na praza maior

Boiro                                10:30h na praza do concello

Rianxo                             10:50h na parada de bus

Emoción e orgullo no 25 de xullo

Finalmente a deputada nacionalista insistiu no chamamento para sumar arredor “dun nacionalismo emancipador, forte, aberto e moderno desde o que construír un futuro mellor para Galiza, cun BNG coa man tendida para quen queira traballar na defensa deste país e deste pobo”, concluíu.

Celebra o Día da Patria baixo o lema “Sumar por Galiza”