O BNG denuncia o colapso do Hospital da Barbanza

Hospital Barbanza
Hospital Barbanza

O BNG organiza un acto o venres 16 ás 20:30h no ateneo Valle-Inclán de Ribeira, no que informará sobre os efectos da reforma da Lei de Saúde e os problemas actuais do Hosptial

O BNG denuncia o colapso do Hospital da Barbanza

El responsábel comarcal do BNG na Barbanza, Luís Pérez Barral, denuncia a situación de colapso das urxencias do Hospital da Barbanza e as derivacións que se están a producir para Santiago por mor de que o centro hospitalario está ao límite da súa capacidade, con tan só 80 camas.


Desde o BNG apuntouse que se está deteriorando a sanidade pública de xeito acelerado e que o PP pretende modificar a Lei de Saúde sen o consenso necesario. Ademais ten en contra a asociacións de pacientes, colectivos de profesionais, sindicatos e partidos políticos así como a unha inmensa maioría de galegos e galegas que o pasado 4 de febreiro ateigaron Compostela nunha multitudinaria manifestación. 

Pérez Barral asegurou que a cantidade de especialistas de hospitais como o da Barbanza reduciríase e centralizaríanse nos hospitais das sete grandes cidades tendo que desprazarse a poboación para recibir atención.

Neste senso, o BNG anuncia un acto público que terá lugar o vernes 26, ás 20:30h, no ateneo Valle-Inclán de Ribeira, no cal participará Marián Rodríguez, voceira da plataforma en defensa da sanidade pública da Barbanza e Montse Prado deputada do BNG. No acto falarase sobre como están afectando os recortes ao Hospital da Barbanza, que conta con 80 camas e o Sergas xa confirmou que están todas ocupadas e tamén sobre como afectará aínda máis negativamente a reforma da Lei de Saúde que pretende levar adiante o PP sen o consenso necesario e a pesar de ter en contra a asociacións profesionais, de pacientes, sindicatos, partidos políticos e milleiros de galegos que lle din que non queren esta reforma porque é lesiva para os seus intereses.