O BNG de Ribeira inicia a campaña de participación veciñal “Parroquias con Voz”

Corrubedo ConVoz
O BNG de Ribeira inicia a campaña de participación veciñal “Parroquias con Voz”

O BNG de Ribeira quere darlle un maior protagonismo á xente e alentará a participación veciñal na toma de decisións políticas mediante a convocatoria de asembleas abertas en todas as parroquias do municipio durante os meses de xaneiro e febreiro que terá como nome Parroquias con Voz.

En palabras do voceiro, Xosé Vázquez Cobas, “iniciamos unha campaña que chegará a todas as parroquias co fin de escoitar as propostas que a xente ten que facernos sobre a súa parroquia ou sobre calquera tema“. O grupo municipal nacionalista recollerá todas as achegas feitas e negociará co goberno municipal a súa inclusión nos Orzamentos de 2017.
Pola súa banda, o concelleiro Luís Pérez Barral argumentou que o BNG é unha alternativa de goberno que aposta pola participación real “queremos facer o que o goberno do PP foi incapaz de facer nos 25 anos que leva á fronte do concello, que unha parte do Orzamento 2017 sexa destinado a aquilo que demanda a veciñanza de cada parroquia” explicou.

 

1ª xuntanza, Corrubedo

O BNG tomou nota de todas as propostas que saíron do café-debate coa veciñanza de Corrubedo como a dunha actuación importante para dotar á parroquia dun centro social acorde ás súas necesidades xa que o actual, non é funcional, non ten calefcacción e está mal distribuído.
Outro tema que ocupou grande parte do tempo, foi a situación na que se atopa o campo de fútbol de Samil, no xulgado para saber a quen pertencen os terreos, se ao Concello de Ribeira ou a unha inmobiliaria de Burgos.
Tamén se falou da necesidade de mellorar a iluminación no porto (xa solicitado en varias ocasións polo BNG), instalación dun parque biosaudábel, mellora do parque infantil, accesibilidade a diversos edificios públicos, mala conservación de beirarrúas e algúns accesos a areais. Ao remate deste café-debate os propios asistentes agradeceron o interese do BNG por esa parroquia “esquecida” por polo goberno do PP e deu os parabéns pola organización dunha inciativa deste calado

O BNG de Ribeira inicia a campaña de participación veciñal “Parroquias con Voz”