O BNG de Ribeira critica a mala xestión do servizo de guindastre de Ribeira

DSC07763
O voceiro do BNG Xosé Vázquez Cobas e concelleiro Luís Pérez Barral
O BNG de Ribeira critica a mala xestión do servizo de guindastre de Ribeira

Desde o BNG consideramos que o Concello de Ribeira ten un volume de vehículos que fai imprescindíbel un servizo permanente de guindastre para a retirada dos coches da vía pública. Entendendo por permanente un servizo presencial no concello as 24 horas do día, os 365 días do ano. Na actualidade está a prestar o servizo unha empresa e en verbas do voceiro municipal “non é tolerábel que o Concello preste servizo cunha empresa de fóra da localidade (e da comarca) cando existen no noso municipio e poderían crear emprego”.

O BNG mantivo un encontro con representantes de empresas ribeirenses que poderían prestar este servizo e constatou as mentiras que o goberno local empregou para lavar as mans. Desde o BNG desmentimos que non haxa interese por parte das firmas locais, o que hai é falta de interese e mal goberno do goberno municipal.

É por isto polo que o BNG lle solicita a seguinte información ao Concello de Ribeira:

1º Cre razoábel o goberno municipal contratar un servizo de guindastre de fóra do concello - e da bisbarra - habendo no concello empresas dispostas a prestar este servizo?

2º Cal é o tempo medio de resposta do guindastre para retirar un vehículo dun vado nun servizo ordinario? Estanse atendendo estas retiradas?

3º Desde o momento que se mobiliza o guindastre, canto lle custa ás arcas públicas?

4º Paga o Concello a mesma contía se presta o servizo ao completo que se se anular cando aínda está en camiño?

5º Téñense detectado problemas na posíbel retirada de vehículos os sábados nos que hai mercado?

6º Ten o goberno previsión de sacar a licitación, municipalizar ou contratar este servizo no noso concello proximamente?

O BNG de Ribeira critica a mala xestión do servizo de guindastre de Ribeira