O BNG recolle as demandas de veciñanza de Carreira para mellorar o saneamento

DSC05502
O concelleiro Luís Pérez no lugar onde se solicitan as melloras en saneamento e limpeza

A veciñanza deste lugar púxose en contacto co BNG despois de constatar que o goberno municipal ignora a sua petición

O BNG recolle as demandas de veciñanza de Carreira para mellorar o saneamento

Na parroquia ribeirense de Carreira existe unha vía pública, transversal á estrada CP-7301 preto do cruce do Vilar, que dá acceso e servizo a cinco vivendas e varias propiedades máis. Este acceso atópase a día de hoxe sen recollida de augas pluviais, pese a estar a escasos metros da rede de saneamento xeral, situación que provoca empozamentos de auga contra os muros das propiedades alí existentes. A auga mesmo ten entrado na propiedade dunha das vivendas que se atopan a un nivel máis baixo do asfalto. Estes empozamentos prodúcense cando chove, xa que gran parte da riada que baixa pola estrada CP-7301 desvíase cara este camiño ao carecer de sumidoiros que recolla todo o volume de auga.

Alén dos problemas ante a falta de sumidoiros que recollan as augas pluviais, tamén existe unha falta de limpeza, pois na actualidade hai moita grava no chan e mesmo maleza que crece nas marxes do asfalto.

Por todo o anteriormente exposto o BNG solicita:

1. Que o Concello de Ribeira faga uns sumidoiros co fin de evitar os empozamentos de auga neste vía pública de Carreira.
2. Que o Concello de Ribeira limpe de grava o camiño e o manteña sen maleza.

O BNG recolle as demandas de veciñanza de Carreira para mellorar o saneamento