O BNG da Barbanza renova a súa dirección comarcal.

O BNG da Barbanza renova a súa dirección comarcal.
undefined
A asemblea comarcal celebrada onte en Ribeira escolleu a Francisco Rei Grille para asumir a responsabilidade comarcal.

A lista está encabezada polo concelleiro rianxeiro Francisco Rei quen, xunto con outras 19 persoas con unha dilatada experiencia política ou en diversos movementos sociais e responsabilidades institucionais, formarán o novo consello comarcal. Así, a viceresponsabilidade recae na concelleira do goberno de Ribeira, Cruz Rivadulla.

Fran Rei é técnico de telecomunicacións e ata agora mantiña a responsabilidade da organización nacionalista de Rianxo. Moi ligado ao movemento sindical na nosa comarca, tamén fai parte de diversas organizacións culturais.

Esta asemblea tamén agradeceu o gran traballo realizado pola dirección saínte, en especial a Adolfo Muíños, anterior responsable comarcal.

A nova dirección nacionalista marcouse como obxectivo seguir avanzando na consolidación do BNG como alternativa, fortalecendo a organización e pensando xa nas vindeiras eleccións municipais. Tamén pretende seguir defendendo con firmeza os dereitos e intereses da sociedade coma a sanidade, educación, transporte ou a nosa ría contra o macro proxecto de Altri. Nese senso, a asemblea comarcal aprobou a seguinte resolución:

“A asemblea comarcal do BNG da Barbanza insta ao goberno do estado e á Xunta a tomar nota da multitudinaria manifestación do pasado domingo en Compostela, a cal contou con máis de 100.000 persoas. O pobo galego mostrou así o seu claro rexeitamento á instalación desta factoría. Por iso, esiximos que ditos gobernos se opoñan ao proxecto”

Esta renovación dáse dentro do proceso iniciado na XVIII Asemblea Nacional celebrada o pasado 1 de decembro, e que continuara nos vindeiros días nas localidades da comarca.

Deste xeito, o consello comarcal queda integrado polas seguintes persoas, logo incorporaranse os/as responsábeis locais dos 4 concellos da Barbanza máis 1 persoa en representación de Galiza Nova:

  1. Francisco Rei Grille

  2. Cruz Ribadulla Márquez

  3. Raquel Suárez Regades

  4. Amparo Cerecedo Sánchez

  5. Luis Pérez Barral

  6. Sarela Betanzos Freire

  7. Patricia Silva Fajardo

  8. Manel Casal Sabín

  9. Vicente Paz Carou

  10. Adolfo Muíños Sánchez

  11. Rosana Pérez Fernandez

  12. Pablo Ferreirós Vidal

  13. Antía Alberte Maneiro

  14. Carlos Branco Ansoar

  15. Daniel Ermo Sánchez

  16. Mónica Rodríguez Fernández

  17. Alberto García Sánchez

  18. Francisco Xavier Santamaría Branco

  19. Lorena Muñíz Sanisidro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

O BNG da Barbanza renova a súa dirección comarcal.