Os deputados do BNG, Rosana Pérez e Manuel Lourenzo, mantiveron encontros coas ANPAS da Barbanza

Os deputados do BNG, Rosana Pérez e Manuel Lourenzo, mantiveron encontros coas ANPAS da Barbanza
Os deputados do BNG, Rosana Pérez e Manuel Lourenzo cos voceiros e voceiras do BNG na Barbanza
Os deputados do BNG, Rosana Pérez e Manuel Lourenzo, mantiveron encontros coas ANPAS da Barbanza

Os parlamentarios do BNG deron conta das accións desenvolvidas polo grupo parlamentar ao respecto da incertidume que se presenta ante o inicio do curso escolar e a falla de directrices serias por parte da Xunta de Galiza. Aclararon que o BNG defende un inicio de curso escolar presencial e seguro, cos investimentos precisos que garantan a máxima seguridade da poboación escolar, e criticaron a incertidume que crea o protocolo emitido pola Xunta de Galiza, o cal non cumpre con algúns dos criterios acordados na Conferencia Estatal de Educación, nomeadamente a distancia de 1,5 m entre alumnado.
Os deputados puxéronse a disposición das asociacións educativas da Barbanza para acoller calquera cuestión que queiran trasladar ao Parlamento.

Pola súa parte, as ANPAS trasladaron a súa enorme preocupación que lles crea o protocolo da Xunta e o inminente inicio do curso escolar. Lamentaron a falta de diálogo da Xunta de Galiza coa comunidade educativa que neste tema coinciden plenamente: pais, nais, profesorado e estudantado.
Tamén lamentaron que a consellaría de educación trasladase a responsabilidade a concellos, direccións e ANPAS. Neste último caso, na organización de comedores, Plan Madruga ou actividades extraescolares.
Trasladaron, así mesmo, inquedanza pola organización curricular do novo curso despois do vivido durante o confinamento.

Os deputados do BNG, Rosana Pérez e Manuel Lourenzo, mantiveron encontros coas ANPAS da Barbanza