O BNG reclama garantir a atención presencial segura en atención primaria e rematar coas listaxes de agarda

O BNG reclama garantir a atención presencial segura en atención primaria e agardar coas listaxes de agarda
O BNG reclama garantir a atención presencial segura en atención primaria e agardar coas listaxes de agarda
O BNG reclama garantir a atención presencial segura en atención primaria e rematar coas listaxes de agarda

O BNG reuniuse no día de onte coa Plataforma en defensa da Sanidade da Barbanza para analizar os principais problemas que está padecendo o sistema sanitario na bisbarra. Na reunión estivo presente a deputada do BNG Rosana Pérez, acompañada da responsábel comarcal Elvira Branco, do alcalde rianxeiro Adolfo Muíños, o voceiro do BNG en Porto do Son Balbino González, do concelleiro ribeirense Luís Pérez.

Na xuntanza, as representantes da Plataforma en defensa da Sanidade Pública, detallaron algunhas carencias que están a padecer tanto os pacientes como os profesionais sanitarios como son a falta de persoal en determinas especialidades, a falta de espazo no hospital da Barbanza, o deterioro cada vez maior que sofren os centros de saúde das parroquias ou a ocultación de información dos datos relativos á evolución do coronavirus.

A deputada nacionalista, Rosana Pérez, avanzou que trasladará estes temas ao Parlamento de Galiza para esixirlle ao goberno galego que cubra as necesidades de persoal existentes e unha dotación suficiente de material sanitario. Pérez Fernández cualificou de “especialmente grave” que os centros de saúde de Taragoña e Cabo de Cruz aínda non abrisen as súas portas, o que para a nacionalista, demostra o interese da Xunta no desmantelamento da atención sanitaria de proximidade. O BNG tamén se preocupou pola a situación de abandono que sofren os de Aguiño, Palmeira, Corrubedo e Xuño, en maior medida, ou pola falta de profesionais nos centros de saúde de Boiro, A Pobra e Ribeira.

Pérez Fernández avanzou que reclamará á Xunta accións inmediatas para garantir a atención presencial segura e rematar coas listas de espera en atención primaria e aumentar o orzamento destinado a primaria no inmediato 200 millóns de euros. Por último, agradeceu o traballo dos membros da Plataforma da Sanidade e quedou á súa disposición para trasladar as súas demandas ao Parlamento de Galiza.

O BNG reclama garantir a atención presencial segura en atención primaria e rematar coas listaxes de agarda