Veciñanza de Castiñeiras e BNG mobilízanse contra un foco de contaminación

Os concelleiros Antón Parada Fernández, Luís Pérez Barral e o viceresponsábel local do BNG, Vicente Paz Carou estiveron coa veciñanza de Castieiras. denunciando a vertedura
Veciñanza de Castiñeiras e BNG mobilízanse contra un foco de contaminación

O BNG e numerosos veciños e veciñas de Castiñeiras, están a mobilizarse para que se elimine un punto de contaminación marítima que está a causar problemas de saúde. O pasado día 6 de agosto, o Bloque foi informado de que na praia dos Mosqueiros, entre Ameixida e Castiñeiras, estábase a producir dende algúns días unha vertedura de augas fecais, comunicación que viña acompañada dun vídeo no que se podía observar con toda claridade a dimensión de dita vertedura.Os concelleiros Antón Parada Fernández, Luís Pérez Barral e o viceresponsábel local do BNG, Vicente Paz Carou estiveron coa veciñanza de Castieiras. denunciando a vertedura

Tanto os veciños e veciñas como turistas que adoitan acudir á praia informaron que sufriron episodios de gastroenterite —concretamente 4 rapaces e dous adultos—. Dada a gravidade da situación e dado que estamos en temporada alta de vacacións, na que máis afluencia hai de turistas e bañistas ás nosas praias, alén do dano ambiental que iso provoca, o BNG tomou cartas no asunto e puxo esta situación en coñecemento do SEPRONA e presentou unha iniciativa para que o goberno local dea esxplicacións sobre o seguinte:

A) Que na maior brevidade posible o alcalde e a comisión de goberno se poña en contacto coa empresa encargada do mantenemento da depuración de augas para recabar información precisa desa vertedura e se se detectou algunha avería no funcionamento depurador das augas.

B) Que se indague por que razón despois das obras de condución realizadas para a depuradora, aínda se producen estes vequidos na mesma praia.

C) Que inmediatamente se analicen as características dos verquidos por se son perxudiciales para a saúde e en consecuencia

D) Que se sinalice, se avise ou se informe, por parte do concello ou da Policia Local sobre as consecuencias que pode ter o baño en dita zona da praia.

Veciñanza de Castiñeiras e BNG mobilízanse contra un foco de contaminación