O Concello responde á petición de información do BNG sobre os cheiros da EDAR

Membros do BNG amosando o escrito que rexistraron no Concello de Ribeira
Membros do BNG amosando o escrito que rexistraron no Concello de Ribeira

Desde o BNG consideramos que esta información é insuficiente e non responde ao pedido polo BNG, polo que solicitaremos maior concreción na xuntanza de seguimento e compromisos claros.

O Concello responde á petición de información do BNG sobre os cheiros da EDAR

O Concello de Ribeira acaba de enviar resposta ao escrito rexistrado polo BNG o 17 de agosto no cal se lle pedía ao goberno local que se facilitara documentación das actuacións que se van realizar para solucionar os cheiros que provoca o sistema de depuración de residuos urbanos, así como o seu desenvolvemento temporal. A resposta do goberno municipal foi a seguinte:

A empresa especializada contratada por ACUAES para realizar o estudo da evolución do ión sulfuro no sistema de saneamento de Ribeira realizou o traballo de campo durante os meses de maio e xuño, efectuando medicións en diferentes puntos das instalacións.
Dende esa data ata a actualidade, a partir dos datos rexistrados na rede, están a realizar a modelización do sistema. Polo tanto o estudo aínda non está finalizado e ACUAES non dispón dos resultados do mesmo.
Unha vez se realicen a simulación da evolución dos axentes xeradores de olores na rede, analizarán posíbeis alternativas de xestión e dimensionarán os sistemas de tratamentos de olores a instalar.
Non dispoñemos de documentación sobre as actuacións a realizar posto que se está a definir a solución a adoptar.

Por outra banda, ACUAES adxudicou o 28 de xullo de 2017 á empresa Espina Obras Hidráulicas SA as obras a executar na AR-0 e na AR-1, consistentes na instalación de sistemas de desodorización nas arquetas ademais demellorar a capacidade hidráulica dos sifóns.
Teñen previsto comezar as obras nas próximas semanas, en canto a Dirección Xeral de Tráfico responda á solicitude de corte dos carrís de circulación da DP-7307.

Respecto aos ruídos xerados polo funcionamento do tanque de tormenta de Areeiros, ACUAES xa cegou a reixa de ventilación da porta dos cadros eléctricos e instalou o filtro de ruído na saída do ar da desodorización, diminuíndo considerabelmente as emisións xeradas. O Concello ten prevista a plantación dunha pantalla vexetal no perímetro.

Para evitar as verteduras na zona dos Mosqueiros, tras unha petición do BNG, redactouse un proxecto de instalación de rede de saneamento con pozo de bombeo aprobado polo pleno do Concello de Ribeira o 31 de xullo de 2017. Comezaranse os trámites para a contratación desta actuación en canto recibamos as autorizacións da Deputación da Coruña, da Consallaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e da Demarcación de Costas en Galiza.

 

A Xunta de Goberno Local de Ribeira, tamén tivo en conta unha petición do BNG e en sesión celebrada o 14/09/2017 acordou contratar a obra para mellorar a rede de saneamento da rúa Ameneiro, Canarias, e Rosalía de Castro á empresa Excavacións Nima SL. Co fin de corrixir tres conexións erróneas na rede de fecais eliminando as verteduras da dársena do porto.