O BNG pide maior seguridade nos accesos para a área lúdica do Castro en Castiñeiras

WhatsApp Image 2017-05-03 at 18.31.45
Os concelleiros do BNG Xosé A. Vázquez Cobas e Xosé Antón Parada Fernández na punta do Castro en Castiñeiras
O BNG pide maior seguridade nos accesos para a área lúdica do Castro en Castiñeiras

A área lúdica que existe na punta do Castro en Castiñeiras ten un acceso moi deficiente e moi perigoso. O BNG ten posto de manifesto en reiteradas ocasións que non abonda con rematar as obras, cómpre (e aquí está o máis complicado) vixilar que estas se axeitan ao acordado e cumpran as condicións de seguridade para as que foron proxectadas.

No caso do parque de Castiñeiras a veciñanza e o BNG, esiximosa creación dun tramo de beirarrúas de acceso ao recinto. Hoxe en día, non existe tal acceso (imaxe) e o perigo para nai/pais e crianzas é ben manifesto posto que tamén se carece dun paso de peóns en condicións que facilite o acceso. Tamén existe risco de caídas para os cativos por mor dun profundo desnivel que hai entre a rampla de acceso banda ao mar por mor da construcción do edificio de usos portuarios. (imaxe)

É por todo isto que o concelleiro do BNG Xosé Antón Parada, pedirá do concello:

A) Dotar ao tramo que vai do remate do paseo ata a entrada do Parque dun acceso acondicionado e seguro para todas as persoas usuarias do Parque.
B) Valar e sinalizar o profundo socavón que existe á entrada, entre a rampla e o edificio de usos portuarios.

O BNG pide maior seguridade nos accesos para a área lúdica do Castro en Castiñeiras