O BNG esixirá no Parlamento mellorar a conexión de internet para o IES Leliadoura

Olalla Rodil e Ana Pontón. BNG. Europapress
Olalla Rodil e Ana Pontón. BNG. Europapress
O BNG esixirá no Parlamento mellorar a conexión de internet para o IES Leliadoura

O IES Leliadoura de Ribeira conta na actualidade cunha conexión a Internet fornecida a través dun Radioenlace alimentado por un centro alleo ao instituto que ocasiona graves prexuízos ao alumnado e ao profesorado do centro. E é que, este mecanismo, malia mellorar a precaria conexión existente con anterioridade, non evita os cortes constantes na rede que se prolongaron durante varios días en diversas ocasións. Neste senso, malia que no Concello de Ribeira se está a levar a cabo a instalación de fibra óptica dentro do contrato Escolas Conectadas de Galiza de Red.es, non se prevé a chegada desta conexión ao Leiladoura malia que nel se imparten, entre outros, o ciclo de Informática e de Administración, para alén de contar coa maior parte dos módulos de ESO e Bacharelato incluídos no Proxecto Abalar. Desde o claustro do profesorado, o alumnado e a ANPA veñen reclamando melloras na conexión a Internet que suporía ampliar a cobertura de fibra apenas 300 metros a respeito das previsións actuais.

En base a este problema, a deputada nacionalista Olalla Rodil tras coñecer os problemas que está a ocasionar os cortes e a baixa velocidade da conexión á internet deste centro preguntaralle ao goberno da Xunta de Galiza:

A) Vai instalarse fibra óptica no IES Leiladoura de Ribeira?
B) De non ser así, por que razón non se conectará o centro á fibra óptica?
C) Prevé a Xunta mellorar a conexión á rede do centro dalgunha outra maneira para garantir unha cobertura acaída ás necesidades docentes e do alumnado?
D) Cantos centros de ensino melloraron a súa conexión a Internet no marco do contrato Escolas Conectadas de Galicia de Red.es? Cantos abranguerá este

Finalmente a deputada do BNG pedirá que o Parlamento Galego inste a Xunta de Galiza a desenvolver as medidas necesarias para conectar o IES Leiladoura de Ribeira á fibra óptica no marco do contrado Escolas Conectadas de Galiza de Red.es.

O BNG esixirá no Parlamento mellorar a conexión de internet para o IES Leliadoura