O Concello de Rianxo darase de baixa se a compañía de luz lle corta o subministra a algún veciño ou veciña

Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo. Imaxe de Carmela Queixeiro, LVG
Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo. Imaxe de Carmela Queixeiro, LVG
O Concello de Rianxo darase de baixa se a compañía de luz lle corta o subministra a algún veciño ou veciña

O goberno nacionalista á fronte do Concello de Rianxo vén de advertirlle á empresa de electricidade que se daría de baixa inmediatamente, se lle cortara a luz a algún veciño ou veciña que teña problemas económicos para sufragar este ben esencial.

O alcalde Adolfo Muíños, explicou que alén das normas legais existentes, hai que establecer medidas de presión que poden ter moito efecto nas eléctricas, xa que poden perder moitos cartos e non cre que estean dispostas a perder a contía que abona o concello rianxeiro en electricidade. Desde o goberno están moi implicados/as nesta cuestión e loitan contra a pobreza enerxética facilitándolle axuda á veciñanza que máis o precisa, pois as persoas deben ser o primeiro.