A nosa Nación, as nosas seleccións! Torneo de futbolín na Pobra

Torneo Futbolín
Torneo Futbolín
A nosa Nación, as nosas seleccións! Torneo de futbolín na Pobra

Este venres 23 de decembro convidámoste a participar no Torneo de Futbolín que organiza Galiza Nova no Bar Gely’s (A Pobra do Caramiñal) ás 20:00h.

Dende Galiza Nova continuamos a demandar o dereito da nosa Nación a contar con seleccións deportivas propias, tanto femininas como masculinas, que representen o País en todas as disciplinas, a nivel oficial e internacional.

Queremos seleccións galegas oficiais e internacionais! Ven este venres á Pobra a meter goles polas seleccións galegas!