O BNG pide solucións aos problemas da concentración parcelaria en Boiro

Estado no que se atopan os camiños
Estado no que se atopan os camiños

Reclamamos que se retiren as moreas de terra e se arranxen os camiños

O BNG pide solucións aos problemas da concentración parcelaria en Boiro

Transcorridos máis de 17 anos do comezo da Concentración Parcelaria de Cures - Boiro, cunha afección de 643 hectáreas de superficie (terreo agrario e forestal), a Xunta de Galiza vén de acordar a TOMA DE POSESIÓN das novas fincas de substitución (publicación no DOG do pasado venres día 9 de xuño de 2017), previa notificación informal á veciñanza con tres días de antelación á referida publicación, nunha reunión ao efecto convocada e celebrada o día 6 de xuño no lugar de Ameán (Cures).

O proceso de concentración parcelaria contou cos seguintes prazos:
 

  1. 15/07/1999 (DOG 28/07/1999) ......Aprobación do decreto.

  2. 10/11/2.005 (DOG 09/12/2005) .... Aprobación das BB.DD (bases definitivas).

Entre estes dous puntos, os veciños tiveron que "aportar" os títulos das fincas da súa propiedade (realización da Enquisa de Bases) para comprobar titularidade, superficie...

Escolla de "representantes de zona" (en total catro persoas), que representaban aos veciños. Este representantes, normalmente son persoas coñecedoras do terreo (calidades, regatos, .....)

Despois, de todas esta comprobación polos técnicos, elaborase un listado de fincas que "un propietario" aporta da dita concentración parcelaria. Tamén se elabora unha "clasificación das calidades agrarias e forestais do terreo". Este último paso, en colaboración directa cos "representantes de zona".

  1. Aproximadamente no ano 2009/10, realizáronse os camiños principais da concentración parcelaria.

  2. A principios do ano 2010, os "propietario" realizaron unha "enquisa" de petición das novas fincas/leiras do proxecto (na cal se deseña unha novas fincas, chamadas de "substitución").

  3. 2011: Presentación do "PROXECTO", coas novas leiras ou fincas de substitución (substitución, atribución).

 

Aquí os "propietario" poden realizar "alegacións" ao proxecto (sen ser vinculantes)

Nesta fase os veciños, xa teñen unha idea "clara" de onde vai ser ás súas novas leiras.

 

  1. FIRMEZA DAS BB.DD (bases definitivas) .....26/09/2011

  2. Fase ACORDO: 17/02/2014 (DOG 12/03/2.014)

En función das "alegacións" presentadas anteriormente, nesta fase "ACORDO", preséntase as NOVAS FINCAS DE ATRIBUCIÓN (as cales poden ser algo diferentes á Fase Proxecto"), xa tamén co "trazado" dos novos CAMIÑOS SECUNDARIOS (toda nova finca da parcelaria debe de ter acceso mediante un camiño público).

 

Fronte ao acordo referido concedeuse prazo para interpoñer Recurso de Apelación, finalizando o mesmo no mes de maio de 2014.

 

  1. 2.017 ..... comezo de construción dos "camiños secundarios", así como o "marqueado" dos lindes das novas fincas de atribución, segundo a FASE ACORDO (os veciños aínda non saben nadas das súas alegacións realizadas mediante o "recurso de alzada").

 

Desde o BNG de Boiro, se vén mostramos a nosa satisfacción coa próxima finalización dos proceso de concentración parcelaria após tantos anos desde o seu inicio, vimos, non obstante, a criticar que a entrega da posesión das fincas de substitución se realice sen garantir os dereitos dos seus titulares, ao non contar parte das mesmas con acceso, e se atopar pendentes de execución obras imprescindibles para un uso axeitado destas, tales como as que se indican a continuación:

 

  • Faltan por executar pistas secundarias, nalgúns casos por falta de consentimento de patrimonio.

  • Faltan marcos delimitadores das parcelas.

  • Falta a colocación de tubos dun metro de diámetro que serven para solucionar o acceso a aquelas parcelas que contan con regatos nas súas inmediacións.

  • Falta a execución de entradas axeitadas aos usos das parcelas de reemprazo.

  • Parte das parcelas contan no seu interior con terra amoreada pola execución no ano 2009 dos denominados “camiños principias”, instando a Xunta de Galiza aos seus propietarios a realizar á súa costa a actuacións precisas para a retirada e adecuación das fincas aos seus fins, sendo non obstante ditas actuacións de obrigada execución por parte da administración galega.


 

Conforme ao sinalado, e sendo conscientes de que nos atopamos unicamente ante a fase da entrega de posesión das fincas e que o proceso de concentración parcelaria non remata ata a entrega definitiva dos títulos de propiedade aos titulares das parcelas de substitución, desde o BNG de Boiro entendemos, non obstante, que a entrega da posesión das mesmas debeuse realizar de maneira que se garantise o uso destas polos seus titulares, conforme ao sinalado no “ ANUNCIO do 24 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a toma de posesión dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Cures-Boiro (Boiro-A Coruña).” publicado no DOG de data 9 de xuño de 2017 por parte da Consellería de Medio Rural e no seu que indica que:

Os prazos para a toma de posesión son os seguintes:

b) Para os labradíos sen colleita pendente, prados, pastos e montes sen arboredo: o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.”
 

Así mesmo, a propia Consellería da Xunta de Galiza sinala na súa páxina web mediante publicación de data 9 de xuño d0 2017 que:

Con este anuncio dáse un paso máis no proceso concentrador e ponse en coñecemento dos veciños que poden comezar a usar desde hoxe as novas leiras resultantes do proceso de reorganización. Deste xeito, a Xunta de Galicia contribúe a mellorar os accesos ás novas parcelas e aumentar o valor da base territorial das explotacións das zona.”
 

As eivas descritas ao longo destes escrita impiden, non obstantes, realizar un uso das parcelas axeitado á súa finalidade.

Por todo isto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

 

ACORDO

 

  • Instar ao goberno municipal a que realicen as xestións tendentes a reclamar das administracións competentes, as medidas necesarias para:

 

  • Acometer as actuacións precisas para dotar ás fincas de substitución do PROCESO DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE CURES dos servizos axeitados que permitan facer un uso das mesmas conforme ao acordo adoptado pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galiza publicado no DOG o pasado 9 de xuño de 2017.

  • Proceder á retirada de terra amoreada nas parcelas de substitución coa finalidade de que os seus titulares poidan realizar un uso das mesmas de conformidade co acordo adoptado pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galiza publicado no DOG o pasado 9 de xuño de 2017.

  • Executar calquera outra actuación tendente a solucionar todos os problemas existentes na zona de Concentración Parcelaria de Cures que permita aos titulares das parcelas de substitución facer uso das mesmas conforme ao acordo adoptado pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galiza publicado no DOG o pasado 9 de xuño de 2017.