Homenaxe a Castelao e roteiro cultural en Rianxo

Acto Rianxo
Homenaxe a Castelao e roteiro cultural en Rianxo

Como xa é tradicional, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) celebrará o sábado 7 de xaneiro a apertura do ano político cun roteiro cultural denominado "O Rianxo de Castelao" pola vila rianxeira e rematará cunha homenaxe ao pai do nacionalismo e rianxeiro máis internacional, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Este acto contará coas intervencións da responsábel de Galiza Nova na Barbanza, Elvira Blanco, coa do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños e coa da Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón.

Tamén haberá un xantar de confraternidade e para anotarse só é preciso chamar ao 628 749 084 (Luís).

Desde o BNG da Barbanza animamos a toda a veciñanza a participar deste acto cultural de homenaxe a un dos persoeiros máis relevantes de Galiza e a coñecer un pouco máis da historia da vila rianxeira.

Homenaxe a Castelao e roteiro cultural en Rianxo