A cabalaxe das embarcacións pesqueiras a debate no Parlamento de Galiza

Montse Prado e Mini. BNG
A deputada nacionalista Montse Prado e o deputado Xosé Luís Rivas "Mini". BNG
A cabalaxe das embarcacións pesqueiras a debate no Parlamento de Galiza

A responsábel comarcal do BNG, informou ás Confrarías de Pescadores e Pescadoras da Barbanza que se vai debater na comisión de pesca do Parlamento de Galiza unha proposición de non de lei, presentada polo BNG, na que se insta á Xunta de Galiza a realizar de inmediato todas as actuacións precisas que permitan a regularización en canto a cabalaxe das embarcacións pendentes que quedaron fóra do procedemento impulsado pola Lei 9/2007.

Na mesma proposición tamén se pide comunicar ao Subdelegado do Goberno a súa queixa polas actuacións desproporcionadas levadas a cabo pola Garda Civil no porto de Aguiño de decomisar tres embarcacións do percebe por utilizar motores con maior cabalaxe que o que figura na documentación da embarcación, para garantir maior seguridade no desenvolvemento do seu traballo, impedíndolles a súa actividade.

Cristina Andrade indicou que esta iniciativa forma parte dunha serie de actuacións coas que o BNG pretende que se modifiquen os criterios da administración para regular a cabalaxe das embarcacións, permitindo que a xente do mar desenvolva o seu traballo sen risco para s súa vida, mais tamén con seguridade xurídica.

A cabalaxe das embarcacións pesqueiras a debate no Parlamento de Galiza