O BNG traslada as inquedanzas do sector do mar ao Parlamento

DSC05134
Os presidentes das confrarías reunidos coa responsábel do BNG na Barbanza Cristina Andrade, o alcalde de Rianxo Adolfo Muíños, a concelleira ribeirense Pilar Sampedro e a deputada Montse Prado
O BNG traslada as inquedanzas do sector do mar ao Parlamento

A deputada nacionalista Montse Prado estivo na Barbanza acompañada do alcalde de Rianxo Adolfo Muíños, da responsábel do BNG na Barbanza Cristina Andrade e coa responsábel de asuntos do mar en Ribeira Pilar Sampedro. O motivo da visita foi manter unha xuntanza de traballo cos representantes das confrarías da zona e abordar asuntos que son do seu interese e preocupación.

A deputada informou no transcurso da xuntanza da aprobación da iniciativa presentada polo BNG en relación á regularización da potencia das embarcacións pesqueiras que supuxo, xusto antes da campaña de Nadal, unha desproporcionada acción por parte da Garda Civil en Aguiño. Os presidentes das confrarías agradeceron este labor parlamentar porque lles prexudica e é moi necesario resolver.

Con respecto ás cifras do Orzamento 2017 da Xunta de Galiza, a nacionalista Prado, amosoulle como as cifras destinadas para a acuicultura duplican o seu importe chegando até os 30 millóns de € e como os cambios normativos fan que as concesións pasen de 30 a 50 anos o que demostra como "o goberno do Partido Popular quere retomar a lei de acuicultura".

Por parte dos presidentes da confrarías expuxéronlle a necesidade de mudanzas normativas que fagan que os cursos de formación que reciben os mariñeiros non caduquen xa que supón un custe económico considerábel e, no caso de que caduque, impediría seguir traballando.

Con respecto á lonxa, informáronlle á deputada como estaban sendo as xestións para a posta en marcha desta instalación e a preocupación por como se ía desenvolver a xestión e os custes que lles tería o seu uso. O BNG lembrou a súa posición para que a xestión fose mediante empresa pública con participación do sector (confrarías, maioristas, exportadores e armadores) que tería sido mellor opción para todas as partes.

O BNG traslada as inquedanzas do sector do mar ao Parlamento