O BNG da Barbanza renóvase para consolidar un proxecto forte ao servizo da xente

A asemblea da Barbanza escolle a Luís Pérez Barral novo responsábel comarcal

O BNG da Barbanza renóvase para consolidar un proxecto forte ao servizo da xente

Dentro do proceso de renovación orgánica iniciado o pasado 25 e 26 de febreiro na XVI Asemblea Nacional, a Asemblea Comarcal do BNG do Barbanza reuniuse este mércores, 12 de abril, para elixir o novo Consello Comarcal.

A única candidatura presentada está encabezada por Luís Pérez Barral, membro de Galiza Nova e concelleiro en Ribeira, seguida da que até o momento fora a responsábel comarcal, Cristina Andrade tamén concelleira, neste caso na Pobra do Caramiñal.

Esta candidatura foi aprobada por ampla maioría na asemblea. Segundo Pérez Barral, trátase dunha candidatura forte disposta a traballar cohesionada e unida, por un proxecto común: consolidar e estender o proxecto nacionalista, poñendo de manifesto que o nacionalismo é a mellor ferramenta para defender intereses dos galegos e galegas e mellorar a súa calidade de vida.

Desde a asemblea recoñeceuse que Luís Pérez encarna ese tempo novo que abre o BNG, cun proxecto renovado e que camiña para consolidar a confianza da sociedade en dito proxecto. Este Consello Comarcal aposta pola participación activa de toda a militancia e persoas achegadas ao nacionalismo, mellorando as canles de comunicación, interna e externa, que permitan un intercambio fluído de información, opinións e propostas e unha maior visibilización do traballo social e institucional que se desenvolve.

Así mesmo, Luís Pérez afirmou que nesta nova etapa, o BNG da comarca continuará traballando na defensa dos intereses e dos dereitos das maiorías sociais, en colaboración cos distintos colectivos, e tamén na defensa dos nosos recursos e da nosa xente, especialmente da mocidade. A normalización da lingua galega e a promoción da nosa cultura e o patrimonio, material e inmaterial, serán outro eixo fundamental. E, desde logo, a consecución da igualdade efectiva entre homes e mulleres, a loita contra a violencia machista así como a normalización social da diversidade sexual van estar presentes nas iniciativas comarcais.

Para finalizar, o novo responsábel comarcal, transmitiu o agradecemento persoal e do conxunto da militancia ao responsábel saínte, Cristina Andrade, polo gran traballo realizado ao longo destes anos.

A candidatura é a seguinte, á que logo se lle sumarán 5 persoas máis, os responsábeis dos 4 concellos da Barbanza (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo) e 1 persoa designada pola organización xuvenil Galiza Nova.

  1. Luís Pérez Barral (Ribeira)

  2. Mª Cristina Andrade González (A Pobra)

  3. Adolfo Muíños Sánchez (Rianxo)

  4. Raquel Suárez Regades (Boiro)

  5. Xosé Antonio Vázquez Cobas (Ribeira)

  6. Ramiro Ouviña Ouviña (A Pobra)

  7. Adelina Ces Quintáns (Rianxo)

  8. Carlos Blanco Ansoar (Boiro)

  9. Rosana Pérez Fernández (A Pobra)

  10. Tobías Betanzos Rego (Rianxo)

  11. Elvira Blanco Pérez (Ribeira)

  12. Pablo Ferreirós Vidal (Boiro)

SUPLENTES

  1. Francisco Xabier Santamaría Blanco (Boiro)

  2. Mª do Pilar Sampedro Laranga (Ribeira)

  3. Xosé Novoa Méndez (Boiro)

  4. Raquel García Abuín (Rianxo)

  5. Vicente Paz Carou (Ribeira)

  6. Ana Rosa López Davila (A Pobra)

  7. Xosé Antón Parada Fernández (Ribeira)

  8. Daniel Ermo Sanches (Boiro)