O BNG da Barbanza promove a creación do estatuto do feminicidio

O BNG da Barbanza desenvolverá campañas de concienciación durante este mes con motivo do 25-N
O BNG da Barbanza desenvolverá campañas de concienciación durante este mes con motivo do 25-N
O BNG da Barbanza promove a creación do estatuto do feminicidio

Este mes o BNG pon en marcha unha campaña con motivo do día contra a violencia machista. No BNG somos conscientes de que a desigualdade segue instalada na sociedade, non só coa violencia física e psicolóxica, senón tamén noutro tipo de desigualdades como a precariedade laboral das mulleres ou o incremento do machismo entre a mocidade, polo que debemos adoptar medidas que vaian dirixidas a reverter a situación actual. Para conseguir esta meta debemos traballar nas institucións mais tamén na sociedade para rachar con prexuízos e que as medidas teñan un efecto maior.

Desde o BNG propoñemos que se elabore un estatuto do feminicio que contemple medidas que axuden a evitar os asasinatos de mulleres, fomentar a igualdade e a incrementar a concienciación social para que a muller deixe de estar desprotexida e nunha situación de desigualdade social.

Do mesmo xeito co fin de xerar debate e aprobar medidas que promovan a igualdade, establecer de medidas efectivas de protección para aquelas mulleres que sexan maltratadas e aumentar a concienciación social sobre este problema, o Bloque presentará mocións nos concellos da Barbanza.

Tamén desde a organización xuvenil Galiza Nova, se promoverá unha campaña entre a mocidade para erradicar aquelas violencias que se son máis invisíbeis e que teñen que ver cos esterotipos que traen parellados os cánons de beleza e que promoven as campañas de moda, cine, series, etc polo que se fai necesario rachar cos estereotipos e camiñar cara unha sociedade igualitaria.

Folleto 365 días contra todas as violencias