O BNG pobrense traballa para que se recoñeza a Anxo Rei Ballesteros

unnamed (3)

O BNG ten previsto un acto o venres 18 ás 20.30h no auditorio Valle-Inclán sobre a súa figura e ás 21.30h lectura dos seus textos no bar Amanitas

O BNG pobrense traballa para que se recoñeza a Anxo Rei Ballesteros

Durante o pDurante o pasado mes de abril debateuse no pleno unha moción presentada polo BNG-AA a respecto do recoñecemento institucional á figura de Anxo Rei Ballesteros, relacionando este coa conmemoración en maio das Letras Galegas. O segundo acordo que incluía a moción xa fora presentado en xullo de 2009, e que xunto con outras diversas iniciativas do BNG desde aquela ata agora, non obtiveron resultado ningún.

O acordo presente tanto na moción de 2009 como na de 2016 é o seguinte:

O Goberno Municipal homenaxeará ao escritor Anxo Rei Ballesteros mediante a realización de actividades de promoción e difusión da súa vida e a súa obra e ademais comprométese a:

    1. Poñer o nome de Anxo Rei Ballesteros a unha rúa do Concello.

    2. Iniciar os trámites para nomear a Anxo Rei Ballesteros fillo adoptivo da Pobra do Caramiñal.

Dito acordo foi aprobado cos votos favorábeis de BNG (2) e NP (4) e a abstención do PP (5). Nese pleno de abril de 2016 non estaban presentes nin a concelleira do PSOE nin un concelleiro do BNG).

Dado que o pasado 29 de outubro cumpríronse xa oito anos do seu pasamento e que desde abril, que fora aprobada a moción, non tivemos constancia, nin no pleno nin nas comisións de seguimento, de que se estea a dar ningún paso para executar o acordado, desde o BNG-AA promovemos o inicio inmediato do procedemento que debería concluír no pleno ordinario de xaneiro co nomeamento de fillo adoptivo e colocación do nome a unha rúa do concello.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do BNG-AA propón á Corporación a adopción dos seguintes

ACORDOS

  1. O pleno da corporación, en base ao Regulamento municipal para a concesión de honores e distincións do concello da Pobra do Caramiñal, iniciará de xeito inmediato a incoación do expediente de nomeamento de Anxo Rei Ballesteros como fillo adoptivo da Pobra do Caramiñal en base aos méritos, feitos e circunstancias que aparecen no documento anexo de proposta presentado para tal fin (artigo 6 do regulamento). Así mesmo, e en base ao referido regulamento ( artigo 7), nomeará un concelleiro ou concelleira da corporación neste pleno de novembro como xuíz instrutor, e a D. Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán, secretario do expediente. 

  2. O órgano colexiado encargado de facer a valoración de méritos definitiva, composto por un membro de cada grupo político presente na corporación (artigo 7), traerá ao pleno de xaneiro unha proposta de rúa  para levar o nome de Anxo Rei Ballesteros que tamén será sometida ao acordo e aprobación do pleno da corporación nesa mesma sesión. 

  3. Tanto con motivo da declaración de fillo adoptivo do concello como na colocación da placa co seu nome na rúa acordada, o concello desenvolverá

O BNG pobrense traballa para que se recoñeza a Anxo Rei Ballesteros