O BNG pobrense esixe que se cubran todas as prazas de persoal médico do centro de saúde

Centro saúde da Pobra do Caramiñal

A formación nacionalista denuncia que ante a falta dun posto en enfermaría a campaña de vacinación contra a gripe viuse interrompida.

O BNG pobrense esixe que se cubran todas as prazas de persoal médico do centro de saúde

O vindeiro día 24 debe comezar a campaña de vacinación antigripal 2016 para persoas maiores de 60 anos ou pertencentes a grupos de risco.Centro saúde da Pobra do Caramiñal

No noso concello esta campaña realízase no centro de saúde, por medio de cita previa, e son as enfermeiras e enfermeiros os encargados de administrar as doses.

Novamente a ausencia NON CUBERTA dunha enfermeira, por vacacións regulamentarias, deixa sen atender ás veciñas e veciños asignados a un doutor e unha doutora que exercen no centro de saúde local, polo que debido á non substitución da enfermeira esas persoas deberán agardar ata o 24 de novembro para recibir a vacina.

Non parece de recibo que o goberno da Xunta do PP poña en marcha unha campaña de prevención e non poña en marcha os mecanismos para desenvolvela. Unha vez máis o centro de saúde da Pobra, e polo tanto os noso veciños e veciñas, sofre os recortes da política sanitaria do Goberno do PP.

Por todo isto o BNG da Pobra anima a todos os veciños e veciñas que presenten unha queixa na atención ao paciente do Centro de Saúde. 
Así mesmo o BNG presentará unha iniciativa no Parlamento Galego solicitando ao SERGAS que se cubra a vacante da enfermeira no noso Centro de Saúde para desenvolver adecuadamente a campaña de vacinación. 
Ao mesmo tempo presentamos no concello un escrito ao Goberno Municipal para que dende a institución municipal se solicite tamén a corrección deste novo deterioro no servizo.

O BNG pobrense esixe que se cubran todas as prazas de persoal médico do centro de saúde