O BNG da Pobra insta ao goberno local a que elabore os Orzamento

O grupo municipal lamenta a parálise do goberno local incapaz de sacar proxectos adiante
O grupo municipal lamenta a parálise do goberno local incapaz de sacar proxectos adiante
O BNG da Pobra insta ao goberno local a que elabore os Orzamento

Esta comunicación pública está provocada pola preocupación e a parálise do goberno local.

Dende que o BNG aceptou as peticións de Nós Pobra (NP) de apoiar a investidura do seu candidato, e van alá nove meses, o seu goberno en minoría, que tiña a obrigación de levar a cabo un proxecto de transformación da nosa vila e sacala do esmorecemento onde a puxeron os 16 anos do PP, é un goberno decepcionante, falto de iniciativa, falto de eficiencia e falto de proxecto, que ten ao noso concello estancado.O grupo municipal lamenta a parálise do goberno local incapaz de sacar proxectos adiante

Non hai medidas de dinamización e reactivación económica, social ou cultural: O Centro de Día segue pechado, o CAD está en mínimos, o novo centro de saúde desaparecido, e non hai outros proxectos máis aló dos que vaia acometer a Deputación. Desaprovéitanse oportunidades porque se pasa o prazo, como no caso das bandeiras azuis; ou demorase tres meses a tramitación do regulamento de axudas ao transporte dos estudantes, que xa non se poderá aplicar este curso; ou non se tramitan subvencións, como as do servizo de normalización lingüística. E xustifican a súa indolencia e falta de eficiencia dicindo que hai máis subvencións. Claro que hai máis, hai centos de paxaros no ceo pero as mans deste goberno están baldeiras.

Non teñen capacidade de interlocución coas Administracións, pero nin así practican o consenso, e acordan plans a salto de mata, primando criterios economicistas e clientelares, cando non exclusivamente aconsellados polos técnicos en base ao que resulte máis fácil de tramitar (como no PAI) e non en base ás necesidades dos veciños e veciñas, afastados dunha programación de futuro, máis alá do día seguinte.

Porque diante das reclamacións polo deficiente estado das rúas na vila, ou das cunetas no rural, ou polo desacougo cidadán polos actos de vandalismo, desorde público e pequena delincuencia, a súa única resposta é “estamos traballando moito e facendo todo o posible”.

Porque o desinterese pola transparencia e a participación é enorme, como o demostra que aínda esteamos agardando polo Regulamento de participación cidadá, de transparencia e bo goberno que o goberno municipal adiou sen data diante da proposta do BNG no mes de xullo pasado, ou pola auditoría e o portal de transparencia solicitados en setembro. Aínda que despois se disfrace a participación a xeito de asembleas veciñais que rematan sen compromisos por parte do grupo de goberno.

Os proxectos transformadores proponos o BNG no pleno, aprobados moitos deles por unanimidade, aínda que logo non sexan executados por quen ten a obrigación de facelo.

O BNG, que manifestou sempre a súa vontade de chegar a acordos, está agora preocupado porque este minoritario goberno municipal non reuniu aínda aos grupos da oposición para falar duns orzamentos que sirvan para marcar o inicio da recuperación social e económica da Pobra do Caramiñal.